MEANDROS DO RÍO EO NA CORTEVELLA

Paseos
505
No Camiño de Santiago

Localización

Baleira - Lugo

Coordenadas:
43º 07' 46.5" N - 7º 13' 28.2" W

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

O Paseo

Meandros do río Eo na Cortevella 
Sendeiro das corrizas

Esta área recreativa, situada a 20 km do Cádavo, capital do concello de Baleira, conta cun pequeno sendeiro circular que bordea os meandros do río Eo e arrodea a chamada pena da Volta. Na súa cima unha escultura de San Francisco de Asís, o santo amigo dos animais e a natureza, preside e protexe este privilexiado enclave natural. 

Dende a súa altura, un pouco máis próximos ao ceo, enxérgase unha ampla paisaxe. Tamén dende aí poderemos contemplar os restos das numerosas ouriceiras que había na zona, coñecidas localmente como corrizas, e que son construcións que servían para o almacenamento e afumado das castañas. Tamén vemos unha acea ou muíño de río que aínda conserva restos da maquinaria. 

Como se trata dunha área de recreo, conta tamén cunha zona de merendeiro e, xunto a ela, uns chanzos que nos levan ao alto dun montículo sobre o que se recreou un hórreo de planta cadrada sobre pilares e con tellado de pizarra a catro augas, tipoloxía propia da zona.

Características

Lonxitude: 1,3 km
Punto de Inicio:
Área recreativa da Cortevella 43°7'46.54"N / 7°13'28.25"W
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Treitos inundables en época de choivas

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!