NAS BEIRAS DO RÍO CABE

Paseos
562
No Camiño de Santiago

Localización

Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 09.5" N - 7º 31' 06.6" W

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

O Paseo

Nas beiras do río Cabe 
Polo Condado de Lemos

Monforte foi unha cidade sacra e condal que tivo a súa época de maior esplendor nos séculos XVI e XVII como capital do Condado de Lemos, un dos títulos nobiliarios máis importantes de España; e é precisamente aos condes e condesas da Casa de Lemos aos que lles debe o gran legado histórico-artístico que posúe. 

Pero hai outro factor que xa no século XIX tivo tamén gran importancia no desenvolvemento desta cidade: a chegada do ferrocarril no ano 1883 convertiuna no principal nó ferroviario de Galicia por ser aquí onde se bifurcaba a liña procedente da Meseta cara Vigo e A Coruña

A cidade está atravesada polo río Cabe, elemento vertebrador desta ruta circular que discorre dende o parque dos Condes ata a parroquia da Piñeira. Trátase dun sendeiro acondicionado para ser paseado polas dúas beiras do río que conta con varias pontes, zonas para a práctica do deporte e áreas de descanso. 

Ademáis, no verán conta cun servizo de aluguer de barcas nas que poder navegar polo Cabe e que é, sen dúbida, un reclamo máis para converter este lugar nun sitio ideal para ser desfrutado tanto por veciños como por visitantes.

Características

Lonxitude: 5,2 km
Punto de Inicio:
Parque dos Condes 42°31'9.56"N / 7°31'6.68"W
Paseo Circular

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba