DENDE O PARQUE DA CANUDA ATA A ÁREA TERMAL

Paseos
870

Localización

Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 43.5" N - 8º 30' 31.2" W

O Paseo

Dende o parque da Canuda ata a área termal 
Un xardín sobre o Miño

Este paseo comeza no parque da Canuda, no concello de Salvaterra de Miño, que con máis de 200.000 m² é un espazo natural que conta con instalacións deportivas e carril bici, ademais de multitude de opcións para desfrutar cos máis pequenos como un enorme parque infantil, unha aula da natureza e ata un lago con barcas de recreo. A partir de aí, o noso paseo discorre na súa totalidade a carón do río Miño, que actúa de fronteira natural con Portugal. Despois de percorridos 1,7 km temos a opción de subir unhas escaleiras ata un miradoiro dende o que poder desfrutar das estupendas vistas panorámicas da localidade portuguesa de Monção, para retomar despois de novo a senda que nos levará ata as termas naturais nas que remata o noso camiño.

Características

Lonxitude: 2,4 km (só ida)
Punto de Inicio:
Parque da Canuda 42°4'43.52"N / 8°30'31.25"W
Punto de Fin:
Zona termal 42°4'54.49"N / 8°28'52.05"W

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba