DO PORTO Á PRAIA DE BESTARRUZA

Paseos
597

Localización

Mugardos - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 53.3" N - 8º 15' 22.6" W

O Paseo

Do porto á praia de Bestarruza
O Arrecendo do mar

Empezamos o percorrido no aparcadoiro situado ao lado do porto pesqueiro de Mugardos. Esta vila senlleira da ría de Ferrol presenta unha fachada marítima bastante ben conservada, con mostras de arquitectura de tradición mariñeira e algunha máis señorial, como a Casa da Serea. Unha pasarela de madeira en voladizo sobre as augas vainos permitir gozar das vistas do outro lado da ría de Ferrol: a enseada da Graña coas instalacións militares e mesmo o castelo de San Felipe, o seu punto máis estreito, protexido do lado mugardés polo castelo da Palma, formando parte do sistema defensivo da ría de Ferrol que a converteu nunha importante base naval a partir do século XVI.

Tras chegar á punta do Peteiro, que protexe o porto deportivo, seguimos o paseo da Culebra no que atoparemos diversos paneis explicativos da fauna da contorna e da historia desta vila. De contado chegaremos á praia de Bestarruza onde remata esta curta ruta de apenas 1 km.

Características

Lonxitude: 1,1 km (só ida)
Punto de Inicio:
Porto de Mugardos (43°27'55.92''N / 8°15'21.73''O)
Punto de Fin:
Praia de Bestarruza (43°27'38.97''N / 8°15'45.90''O)

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba