REVOLTAS DO RÍO TAMUXE

Paseos
898
No Camiño de Santiago

Localización

Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 00' 37.0" N - 8º 48' 21.4" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

O Paseo

Revoltas do río Tamuxe 
Ruta do pozo do Arco

Na parroquia de Burgueira (Oia), na comarca do Baixo Miño, atopamos esta pequena ruta circular de pouco máis de 1 km que discorre á beira do río Tamuxe, tamén chamado río Carballas.

O paseo parte dende unha área recreativa, unha zona de piñeiros con bancos e merendeiro, dende onde xa vemos unha ponte de madeira que atravesa o río. Durante o noso percorrido, atoparemos dous muíños fariñeiros restaurados, ao lado dos que podemos ver os restos das moas de pedra que se usaban para triturar o gran. Poderemos observar tamén como o río descende formando rápidos e pequenos saltos de auga que dan lugar a pozas ou piscinas naturais con profundidade suficiente como para poder darnos un baño nos días de máis calor. 

Un pouco máis arriba da fervenza atópase o encoro de Vilachán, construído no ano 1993 e situado 150 m río arriba. Deixando agora o Tamuxe á nosa dereita, descenderemos por unha pista forestal para chegar de novo ao punto de partida.

Características

Lonxitude: 1,1 km
Punto de Inicio:
Área recreativa do pozo do Arco 42°0'37.09"N / 8°48'21.50"W
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba