DO PORTO Á ERMIDA DE SANTO ANTÓN DE CORVEIRO

Paseos
532

Localización

Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 27.9" N - 8º 04' 17.5" W

O Paseo

Do porto á ermida de Santo Antón de Corveiro
Pegadas castrexas do Atlántico

Un cómodo paseo en ascensión que nos levará dende o peirao do porto de Cedeira ata a capela de Santo Antón de Corveiro. Iniciamos subindo unhas escadas que nos ofrecen xa unhas vistas da praia de Vilarrube (Valdoviño) e parte da ría, así como unhas antigas cetáreas. Achegámonos ao castelo da Concepción (visitable, consultar horarios). O camiño lévanos de contado ata o aparcadoiro da fortaleza onde collemos á esquerda ata punta Sarridal, cos restos escavados do castro, onde se atopou unha “pedra formosa” ou sauna ritual castrexa. Dende as proximidades da baliza que marca a entrada da ría de Cedeira, as vistas son extraordinarias.

Regresando á estrada, continuaremos por ela ata atopar unha pista de terra á nosa esquerda que nos levará de contado á ermida de Santo Antón de Corveiro, do século XVII pero con reformas posteriores. Un cruceiro e unha agradable área recreativa completan o entorno, do que se albisca a bocana da ría de Cedeira, e mesmo puntos senlleiros da costa de Ferrolterra como punta Frouxeira e cabo Prior.

Características

Lonxitude: 1,98 km (só ida)
Punto de Inicio:
Porto de Cedeira (43°39'28.19''N / 8°04'15.28''O)
Punto de Fin:
Ermida de Santo Antón de Corveiro (43°39'29.49''N / 8°04'11.19''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba