DOS MUÍÑOS Á PRAIA DE AREA MAIOR

Paseos
854
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Moraime (San Xulián)

Lugar: Os Muíños

Muxía - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 03.2" N - 9º 11' 19.2" W

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

O Paseo

Dos Muíños á praia de Area Maior
O río Negro, pegadas muiñeiras camiño do mar

Entre o rueiro dos Muíños, na parroquia de Moraime arrinca este percorrido baixando unhas escaleiras ata unha pequena área recreativa e lavadeiro. Segue por un camiño, maiormente en forma de pasarela de madeira, adaptándose ao curso do río Negro.

Podemos observar diversos muíños, algúns deles abertos conservando as moas, grandes pezas circulares de canteiría de granito que se usaban para triturar o gran. Xa cando se albisca a foz na praia de Area Maior, atravesamos o rego e subimos por unha estreita corredoira entre loureiros ata un camiño máis principal que nos leva decontado a unha pista asfaltada que abandonamos pola dereita por unha senda que nos ha levar ata o aparcadoiro do areal, onde remata esta ruta.

Características

Lonxitude: 1,73 km (só ida)
Punto de Inicio:
Os Muíños (43°05'1.95''N / 9°11'19.12''O)
Punto de Fin:
Praia de Area Maior (43°05'18.23''N / 9°11'33.84''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba