DA FÁBRICA DE PAPEL AOS CADOIROS DE PEILÁN

Paseos
799
No Camiño de Santiago

Localización

Piñor - Ourense

Coordenadas:
42º 30' 16.5" N - 8º 01' 12.7" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Da fábrica de papel aos cadoiros de Peilán
Sendeiro ecolóxico polo río Arenteiro

Un pequeno sendeiro pero sorprendente pola súa beleza e ideal para facelo en familia. Achegámonos pola N-525 ata o desvío a Lousado, no concello de Piñor, seguindo as indicacións para o sendeiro ecolóxico. Deixamos o vehículo xunto á antiga fábrica de papel, onde atoparemos un panel explicativo. A carón dunha canle axiña atopamos as fervenzas no río Arenteiro e unha plataforma de madeira que nos serve de miradoiro deste recuncho tan fermoso.

O camiño segue río arriba ata a súa confluencia co río Asneiros e un conxunto de varios muíños, dos que o maior, de dobre moa, foi restaurado cando se acondicionou esta ruta de sendeirismo, que forma parte dunha maior (duns 15 km) que conforma a andaina popular. Regresamos polo mesmo camiño gozando do bosque de ribeira, dos sons do Arenteiro e, se o facemos en outono, camiñaremos por unha alfombra de follas multicolor.

Características

Lonxitude: 0,49 km (só ida)
Punto de Inicio:
Antiga fábrica de papel (42°30'16.30''N / 8°01'14.83''O)
Punto de Fin:
O Muíño (42°30'28.37''N / 8°01'13.69''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/04/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!