DA ÁREA TERMAL DE BARBANTES A LAIAS

Paseos
1310

Localización

Cenlle - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 56.5" N - 8º 00' 45.4" W

O Paseo

Da área termal de Barbantes a Laias
Paseo termal do río Miño

Esta ruta lineal de apenas 2 km comeza na área termal de Barbantes, que conta con varias piscinas de augas hipotermais e servizos turísticos estacionais. É perfectamente apta para facela en familia, xa que é totalmente chaira, e recomendable tamén para bicicletas.

Baixo o nome de ruta do Miño, a senda non ten perda, contando con algunhas balizas de sinalización e paneis explicativos sobre a fauna e flora que podemos atopar no noso percorrido. Primeiro entramos nunha zona boscosa na que veremos algún exemplar de sobreira, acivros, pero que está dominada pola presenza de carballos máis ben novos, que permitirán protexernos nos días de extrema calor que se dan na bacía do río Miño.

Logo imos pola beira do río, tratando de albiscar anátidas, garzas ou corvos mariños, que aproveitan as súas ribeiras para agocharse. E de seguido atoparemos as instalacións da vila termal de Laias onde remataremos este paseo ao pé da ermida de San Bieito.

Características

Lonxitude: 1,96 km (só ida)
Punto de Inicio:
Área termal Barbantes (42°19'57.37''N / 8°00'47.10''O)
Punto de Fin:
Vila termal Laias (42°19'36.78''N / 8°01'51.10''O)

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba