FERVENZA DO ÉZARO

Paseos
2612
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 38.4" N - 9º 08' 08.8" W

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

O Paseo

Fervenza do Ézaro
O espectáculo do río Xallas

Un curto pero agradable paseo polo litoral do concello de Dumbría, na parroquia do Ézaro. Comezamos no pequeno peirao situado no extremo occidental do areal, seguindo polo seu paseo ata o inicio da ponte que cruza o río Xallas. Aquí seguiremos río arriba pola preciosa enseada na que veremos chalanas e outras embarcacións mariñeiras. Na outra beira do río érguese a maxestuosidade granítica das estribacións dos montes do Pindo, o chamado Olimpo celta de Galicia. De contado chegamos á central eléctrica do Ézaro, onde unha pasarela de madeira achéganos ata unha das fervenzas máis espectaculares de Galicia: o río Xallas caendo directamente no mar.

Características

Lonxitude: 2,13 km (só ida)
Punto de Inicio:
Porto do Ézaro (42°54'37.47''N / 9°08'06.64''O)
Punto de Fin:
Fervenza do Ézaro (42°54'46.65''N / 9°07'03.23''O)

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba