FERVENZA DO POZO NEGRO

Paseos
4501

Localización

Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 03.2" N - 8º 44' 00.4" W

O Paseo

Fervenza do pozo Negro
Agochada no Tambre

Este itinerario forma parte doutro máis longo que percorre as terras de Brión. Nós imos seguir as balizas marcadas en laranxa saíndo dende a área recreativa da ponte das Pías, onde atopamos instalacións para a práctica do piragüismo nas augas do río Tambre. Alí atoparemos un panel informativo coa ruta a seguir.

O primeiro treito mergúllanos nunha carballeira de grande beleza que nos protexe da calor nos días de Sol, ata chegar a un cruce onde colleremos cara á dereita para achegarnos á aldea de Ons de Abaixo. Aquí atoparemos varias mostras etnográficas, como hórreos, lavadoiro e fonte. Atravesamos o lugar para coller unha pista sinalizada que xa nos marca o camiño do pozo Negro.

Unha baixada pronunciada envolta entre carballos lévanos ata a fervenza, nun entorno de grande beleza. Pasamos unha pontella de madeira e o sendeiro vai bordeando as ribeiras do río Tambre ata chegar á costa dos muíños que nos levará ata o cruce que vimos no camiño de ida. Aquí regresamos ata á ponte das Pías onde rematamos esta ruta circular.

Características

Lonxitude: 5 km (circular)
Punto de Inicio:
Ponte das Pías (42°54'01.65''N / 8°43'58.13''O)
Punto de Fin: Ponte das Pías (42°54'01.65''N / 8°43'58.13''O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Treitos de pendente forte
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba