FERVENZAS DO RÍO CERVES

Paseos
902

Localización

Melón - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 59.7" N - 8º 12' 22.8" W

O Paseo

Fervenzas do río Cerves
Ao pé da serra do Faro de Avión

Un clásico nas rutas de sendeirismo de fácil percorrido, seguindo o río Cerves dende o aparcadoiro habilitado á beira da estrada N-120. Veremos varias zonas de amplas fervenzas (cómpre ter coidado polo esvaradío das pedras), algunha delas superando os 14 m de altura, ata chegar á ponte da aldea das Mestas.

Aquí o río colle folgos por tratarse dunha zona chaira ata comezar o ascenso ao miradoiro da derradeira fervenza, á que nos poderemos achegar baixando ata a ponte que atravesa o río Cerves e unha plataforma de metal que permite situarnos por enriba das súas augas. O regreso pode ser refacendo as nosas pegadas, ou se estamos con forzas, continuar á aldea de Tourón e facer así o camiño máis longo.

Características

Lonxitude: 2,19 km (só ida)
Punto de Inicio:
Área recreativa (42°16'00.23"N / 8°12'23"O)
Punto de Fin:
Miradoiro da fervenza (42°16'16.22"N / 8°13'35.65''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba