PASARELA DO RÍO MAO

Paseos
1651

Localización

Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 27.8" N - 7º 29' 48.6" W

O Paseo

Pasarela do río Mao
De árbore en árbore

Paseando por enriba das árbores, este podería ser o resumo deste itinerario en Parada de Sil. Comezamos na Fábrica da Luz, antigas instalacións de produción de enerxía hidroeléctrica de comezos do século XX, hoxe reconvertida en albergue e centro de recepción para aqueles que queiran facer rutas BTT na contorna.

A partir de aquí, unha pasarela de madeira lévanos por un túnel arbóreo no canón do río Mao, que apenas vemos pero percibimos polo ruxir das súas fervenzas. Na metade do camiño desaparece este teito vexetal e podemos gozar da visión do val e pararnos nun miradoiro habilitado. Pequenos, e maiores tamén, poden aprender máis da riqueza faunística e botánica grazas a paneis e xogos didácticos situados ao longo do percorrido. O treito final é unha escaleira que baixa ata ás beiras do río Mao no punto en que se vai achegando ao río Sil onde desemboca.

Características

Lonxitude: 1 km (só ida)
Punto de Inicio: Antiga Fábrica da Luz (42°22'27.31''N / 7°29'49.40''O)
Punto de Fin:
Río Mao (42°22'54.55''N / 7°29'48.24''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Entre bosques e montañas
Arriba