IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE O ALLO

Relixioso
2222

Localización

Parroquia: O Allo (San Pedro)

Lugar: O Allo

15851  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 34.9" N - 8º 56' 11.0" W

Descrición

Construída na segunda metade do s. XVI. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cadeirado recebados, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha portada a xeito de arco de triunfo. A porta principal alintelada está flanqueada por dous pares de columnas sobre plintos. Nos intercolumnios aparecen as figuras pétreas de Adán e Eva, aludindo ao pecado e á humanidade, San Gabriel e a Virxe María. O conxunto está coroado pola figura sedente de San Pedro. No lateral meridional hai unha imaxe de San Pablo en altorrelieve. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadana engadida no s. XVIII. Esta igrexa foi construída por encarga do señor das Torres do Allo, Don Gómez de Rioboo Villardefrancos.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Ponteceso. Na Cacharosa séguese a C-552 en dirección a A Coruña. Despois do punto quilométrico 58 xírase á esquerda cara a O Allo.
Arriba