AQUIS ORIGINIS

Paseos
923

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Os Baños

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 51' 44.2" N - 8º 06' 23.2" W

O Paseo

Aquis Originis
Pegadas romanas no Xurés

A ruta que propoñemos atópase no corazón do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, reserva da biosfera transfronteiriza. Iniciamos os nosos pasos no lugar dos Baños, onde tamén se atopa un hotel balneario. Poderemos sentir a pegada romana da Gallaecia, xa que seguiremos a antiga Vía XVIII do Itinerario Antonino, tamén chamada Vía Nova. De feito, no noso devalar atoparemos restos da antigua “mansioAquis Originis (unha especie de pousada), da que é moi visible o hipocausto das termas.

Seguimos entre o bosque ata chegar ao pé da corga da Fecha do Carballón que vén das estribacións da serra do Xurés, limítrofe con Portugal. Aquí iníciase outra ruta de maior dificultade e risco xa que se salvan fortes desniveis do terreo pero que ofrece preciosas vistas do parque natural. O regreso faise seguindo a marxe dereita do río Caldo, no que refrescarnos nos períodos estivais ou gozar das augas termais na piscina ao aire libre. O nome coa que a sabedoría popular denominou ao río é ben indicativo dos afloramentos de augas quentes neste lugar.

Características

Lonxitude: 3,32 km (circular)
Punto de Inicio:
Vila termal Lobios (41°51'45.90''N / 8°06'22.70''O)
Punto de Fin: Vila termal Lobios (41°51'45.90''N / 8°06'22.70''O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Treitos inundables en época de choivas

Tipo

Patrimonio oculto
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba