FERVENZA DE REXIU OU DE VILAMOR

Fervenzas
467

Localización

Parroquia: Vilamor (San Vicente)

Lugar: Vilamor

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 26.7" N - 7º 13' 32.2" W

Descrición

Esta fervenza está no rego de Rexiu, afluente do río Lor. Para chegar a ela colleremos a estrada LU-P-4701 que vai dende Folgoso do Courel cara a Vilamor e, 200 m despois de cruzar o río Lor en Baldomir, atoparemos o noso destino á dereita.

Tanto a auga como as paredes de rocha polas que se precipita son de cor ocre debido ao seu alto contido en ferro. Esta pincheira, nome co que se denominan as fervenzas nesta zona, cae desde unha altura duns 20 metros e pode verse xa dende a propia estrada.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba