Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE SANTO ESTEVO DO ERMO&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE SANTO ESTEVO DO ERMO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210603000096/fervenza-de-santo-estevo-do-ermo?langId=gl_ES%26tp=40004330
Dende o lugar de San Cosme, no concello de Barreiros, collemos a estrada da Insúa e, a continuación, a LU-P-6103 en dirección ao núcleo de Barreiros. Á altura do Km 15 atoparemos, á man dereita, un sinal que indica Santo Estevo do Ermo.
Recomendamos deixar aí mesmo o coche para continuar o camiño a pé durante 1300 m por unha pista de terra que nos levará ata a mesma capela de santo Estevo. Trátase dunha pequena construción rectangular na que, cada luns de Pascua, se celebra a romaría na honra do seu patrón e xunto á que atoparemos unha zona con bancos, mesas e grellas na que poder descansar.
Dende aí adentrarémonos nun bosque de carballos, castiñeiros e bidueiros para camiñar ata a base do salto de auga, que cae dende uns 15 metros de altura. Á dereita da fervenza atoparemos unhas escaleiras que nos levan ata a Fonte de santa Rosa, a cuxas aguas se lle atribuen propiedades sandadoras para as afeccións de pel.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.