Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO&body=Recoméndoche que leas a información SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210604000159/seimeiras-do-queixoiro?langId=gl_ES%26tp=40004330
Estas seimeiras encóntranse no rego de Queixoiro, afluente do Rodil. Para chegar a elas dirixímonos á Fonsagrada, e alí collemos a estrada LU-701 en dirección a Asturias.
Despois de pasar o lugar de Paradanova collemos un desvío á esquerda ata o lugar de Queixoiro, xa que desde alí sae a ruta que nos conducirá ata as fervenzas.
Unha vez no primeiro salto de auga, duns 15 metros de altura, atoparemos unha escaleira que nos facilitará o acceso a un pequeno areal e a unha poza na que, nos días de máis calor, poderemos darnos un baño.
Tras esa primeira fervenza seguiremos pola beira dereita do río ata chegar ao segundo dos saltos de auga, duns 12 metros de altura e que, ao igual que o primeiro, está nunha zona ben acondicionada e con escaleiras de baixada para facilitar o acceso á parte inferior.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.