FERVENZA DO BELELLE

Fervenzas
751
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Viladonelle (Santo André)

Neda - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 54.9" N - 8º 07' 16.3" W

Descrición

Esta fervenza atópase no río Belelle, que nace no barranco da Cernada, en San Martiño de Goente (As Pontes)  e desemboca na ría de Ferrol. Para chegar ata ela debemos percorrer un roteiro compartido polos  concellos de  Neda  e Fene, xa que empezaremos no aparcadoiro situado xunto ao pazo chamado de Isabel II, antiga fábrica de tecidos.

O primeiro treito faise por unha pista asfaltada que pasa á beira do muíño dá Barcia, no Parque Micolóxico do río  Belelle e xusto despois chegaremos a unha  mini central eléctrica. Aquí atravesamos o río e atopamos uns paneis explicativos nos que aparecen as tres opciones para facer o percorrido.

A primeira opción sería continuar polo camiño que nos levará ata o pé mesmo da fervenza.
Outra posibilidade é seguir un camiño, con certa pendente, para achegarse a un miradoiro de madeira dende o que contemplar o salto de auga. A terceira opción é subir ata o miradoiro de  Viladonelle, por unhas escaleiras e un camiño que atopamos sinalizado xunto á central  hidroeléctrica.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba