FERVENZA DA CIDADELLA

Fervenzas
402
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Soutochao (Santa María)

Vilardevós - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 46.7" N - 7º 12' 48.5" W

Descrición

Para chegar ata este salto de auga dirixirémonos ao núcleo de Vilardevós e, dende alí, colleremos a estrada OU-310 en dirección a Soutochao e continuaremos ata atopar a sinalización que indica o desvío cara á fervenza da Cidadella. Ao chegar ao inicio da ruta deixaremos o vehículo para continuar a pé.

O sendeiro está ben acondicionado e conta incluso con cordas nos treitos que, en épocas de chuvia, poidan ser máis esvaradíos. Boa parte da ruta discorre por un bosque mixto de ribeira, con carballos ou érbedos entre outras especies. Un treito de escaleiras permítiranos salvar o desnivel e chegar ao pé mesmo desta  fervenza que cae dende uns 30 metros de altura. 


Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba