Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DA CALDEIRA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DA CALDEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210609000232/fervenza-da-caldeira?langId=gl_ES%26tp=40004330
Parroquia: Xirazga (San Salvador)
Lugar: Doade
Beariz - Ourense
A fervenza da Caldeira atópase no río Doade ou rego de Ponto de Anta, un afluente do río Avia. Este último nace na serra do Suído, cerca de Avión, e desemboca no río Miño, cerca de Ribadavia.
Para chegar a ver a cascada, temos que coller la estrada OU-212 que vai dende Doade a Avión ata chegar á praia fluvial. Aí deixaremos o coche e seguimos a pé ata chegar á ponte. Nese punto temos dúas opcións: se o atravesamos e seguimos o sendeiro chegaremos ata o muíño, pero só poderemos ver a fervenza dende o alto. A segunda opción sería non cruzar a ponte e seguir un sendeiro polo mesmo lado do río. Desta forma chegaremos a unhas rochas onde se precipita a auga, formando a cascada. Xunto ao muiño veremos, en primeiro lugar, dúas pequenas cascadas para atoparnos despois co maior salto de agua. Se queremos acceder aos pés deste poderemos facelo descendendo polas rochas, pero con moita precaución porque soen estar molladas e ser moi esvaradías.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.