FERVENZA DE SETE MUÍÑOS

Fervenzas
132
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lagostelle (San Xoán)

Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 11' 16.6" N - 7º 53' 16.0" W

Descrición

A ruta que nos levará ata a fervenza comeza na área recreativa de Sete Muíños e coñécese como Ruta da Auga e da Pedra. O paseo discorre pola beira do río Escábedas no que, ao seu paso pola área recreativa, foi construída unha piscina natural que deu lugar a un desnivel e a unha fervenza artificial. A partir de aquí a ruta continúa por un sendeiro sinalizado que vai xunto ao río e no que atoparemos outros tres pequenos saltos de auga.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba