FERVENZA DO REGO DE LOUREIRO

Fervenzas
148

Localización

Parroquia: Vilar de Cerreda (Santa Baia)

Nogueira de Ramuín - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 14.9" N - 7º 39' 15.9" W

Descrición

O río da Ponticela desemboca no río Sil caendo por unhas paredes de granito cun desnivel total de máis de 100 metros. Na parte superior hai unha presa, que xera unha pequena fervenza. Ao longo do seu curso o río forma varios rápidos e saltos de auga, pero é difícil velos pola falta de acceso e pola vexetación existente. A única fervenza que poderemos ver dende a parte de arriba, é a superior. Para iso colleremos a estrada que vai a Loureiro para desviarnos despois á esquerda na estrada que baixa ao encoro de Santo Estevo. Unha vez alí cruzaremos ao lado esquerdo do río por debaixo da presa e asomarémonos a unha gran pedra de granito, dende onde veremos o salto de auga. É un sitio bastante perigoso, polo que non se recomenda camiñar pola zona cando as rochas estean molladas .
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba