FERVENZA DE XUBÍN

Fervenzas
194

Localización

Parroquia: Razamonde (Santa María)

Cenlle - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.5" N - 8º 03' 59.5" W

Descrición

O rego de Xubín, Lavandeira ou da Freixa nace en Salamonde, concello de San Amaro, chegando ao concello de Cenlle onde se une ao río Miño. No treito final, o rego de Xubín forma rápidos, pozas e fervenzas. A maior de todas ten uns 40 metros de caída sobre rochas graníticas e gneis. Para chegar a ela, hai que coller a estrada N-120 que une Ourense con Vigo e, ao chegar a Xubín, desviarnos á dereita nun cruce para seguir por unha pista que remata na entrada dunha canteira de propiedade privada, actualmente en estado de abandono. Dende alí seguimos uns metros a pé para poder chegar ao salto de auga. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba