Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: POZAS DE MALLÓN&body=Recoméndoche que leas a información POZAS DE MALLÓN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210705000078/locale/?langId=gl_ES
Para chegar ás pozas de Mallón dirixímonos ao núcleo de Entrimo e, dende alí, collemos a estrada OU-1209 en dirección ao lugar de Olelas. Na entrada da aldea atoparemos a sinalización cara as pozas e seguiremos as indicacións para baixar por unha pista asfaltada ata o río. No punto no que remata esa pista deberemos deixar o noso vehículo para continuar a pé.
Remontaremos o río pola beira dereita para atopar unha ponte de madeira que nos permite cruzar o río Barcia ou Castro Laboreiro, pertencente á Demarcación Hidrográfica Miño-Limia. O río é fronteira natural entre España e Portugal, xa que separa o concello de Entrimo (Ourense) do concello de Melgaço (Viana do Castelo).
Ata ese punto da ruta podemos ver pequenos saltos de auga pero é, a partir de aquí, onde empezan as verdadeiras fervenzas.
O mellor lugar dende o que desfrutar dunhas excelentes vistas do conxunto de fervenzas e pozas é o miradoiro, pero para chegar a el debemos enfrontarnos a unha subida bastante esixente.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.