CALDEIRAS DO RÍO CASTRO

Fervenzas
322
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Coucieiro (San Pedro)

Muxía - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 25.9" N - 9º 09' 33.4" W

Descrición

Para visitar as caldeiras do río Castro collemos a estrada  AC-440 que vai de Muxía a Fisterra. Ao pasar Moraime continuamos en dirección a Vilarmide, Couceiro e, despois de levar percorridos aproximadamente 12,5Km atopamos o desvío cara a Área recreativa do Castro, onde deixaremos o noso vehículo para facer un curto treito final a pé.

Reciben o nome de caldeiras porque o río vai erosionando a contorna dando lugar a formas que recordan ás olas ou caldeiros y que se convirten en pequenas piscinas naturais.

Hai un miradoiro dende o que podemos velas dende arriba, pero tamén hai unhas escaleiras de madeira para que poidamos baixar a velas máis de cerca ou mesmo a darnos un baño nos días de máis calor.

A caída do río Castro neste punto salva un desnivel  de 8 m e fai de linde natural entre os concellos de Muxía e Dumbría

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!