FERVENZA DE RIBASIEIRA

Fervenzas
253

Localización

Parroquia: Ribasieira (San Fins)

Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 09.6" N - 8º 59' 00.9" W

Descrición

Dende Porto do Son colleremos a estrada CP-7102 ata a parroquia de san Fins de Ribasieira.  Dirixímonos á igrexa da Madalena e dende alí subimos en dirección ás Trabes. En aproximadamente 10 minutos chegaremos a varios miradoiros sobre as fervenzas.

No río Sieira atopamos varios saltos de auga, o máis alto ten entre 15-20m e os outros dous 10 e 4 metros respectivamente. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba