FERVENZA DO SALTO DAS POMBAS

Fervenzas
302

Localización

Parroquia: Cornado (Santiso)

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 07.0" N - 8º 16' 45.0" W

Descrición

Na estrada de Fonte Díaz a Cornado. Unha vez cruzado o río na ponte da estrada, hai un letreiro que indica o salto. A fervenza está na ruta PRG-121, a Ruta dos tres ríos, que percorre 10 km (parte da área recreativa de Santalla, pasa pola fervenza e remata en Ponte Basebe).
No río Lañas, afluente do Ulla. Neste punto do concello de Touro salva un forte desnivel no seu tramo final, onde forma varios rápidos e fervenzas. A máis alta cae uns 8 m aproximadamente.
Acceder á fervenza non é complicado e a ruta está ben sinalizada. É apta para facer con nenos. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba