FERVENZAS DE SAN XUSTO DE TOXOS OUTOS

Fervenzas
244

Localización

Parroquia: Toxos Outos (San Xusto)

Lousame - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 42.0" N - 8º 49' 09.8" W

Descrición

Para chegar a estas fervenzas collemos a estrada AC-543 que une Santiago de Compostela e Noia e despois de percorridos uns 41 Km chegamos ao lugar de Toxos Outos, no concello de Lousame.

Alí está o mosteiro de san Xusto, fundado en 1131, aínda que a igrexa que hoxe vemos data do s. XVIII. Detrás del poderemos ver xa a primeira destas dúas fervenzas que se forman no río san Xusto, así como dous muíños en estado de abandono.

Para ver o segundo dos saltos de auga camiñaremos, só uns metros, por un sendeiro paralelo ao río ata chegar a unha ponte de madeira que nos permitirá cruzalo para achegarnos máis á fervenza. 

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba