FERVENZA DO ARROIO DA PALANCA

Fervenzas
377

Localización

Parroquia: Cambás (San Pedro)

Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 02.1" N - 7º 59' 09.3" W

Descrición

Esta fervenza está no río Cambás, afluente do Mandeo que se forma coa confluencia do barranco da Loba e o rego da Palanca.  Para visitala podemos chegar co coche ata o lugar do Couce, na parroquia de san Pedro de Cambás, concello de Aranga. Alí, na entrada do pobo, atoparemos un panel informativo sobre a Ruta SM-04 Val de Cambás, que se encontra sinalizada e que será a que seguiremos durante 1,4 Km.
O camiño discorre primeiro entre campos de millo e despois entre bosque, para chegar a unha carballeira que atravesaremos para ter a visión frontal e total deste salto de auga, que cae dende unha altura aproximada duns 20 metros.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba