FERVENZA DA PEDREIRA

Fervenzas
198

Localización

Parroquia: Folgoso do Courel (Santa María)

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 12.4" N - 7º 11' 10.6" W

Descrición

Este salto de auga atópase a uns 150 m da estrada que une Folgoso do Courel con Quiroga, e sitúase na parte final do rego do Val. A pesar das primeiras pendentes o acceso é doado, pero recoméndase levar calzado adecuado sobre todo en época de choivas, xa que o terreo pode estar inundado e hai que cruzar o rego do Val un par de veces para chegar ata a súa base. Trátase dunha fervenza que cae sobre unha parede de lousa branda duns 30 m de altura. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba