FERVENZA DE CALLOBRE

Fervenzas
314
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Callobre (San Martiño)

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 26.5" N - 8º 25' 53.6" W

Descrición

No concello da Estrada comezamos a ruta nas proximidades do castro de Callobre, antigo poboado castrexo da Idade de Ferro. Hai dúas opcións para chegar ata ela,  dependendo de se queremos ir á parte alta da fervenza ou ao pé da mesma. Se nos decidimos pola primeira alternativa, descendemos pola senda da esquerda levando o río Curantes á dereita. Camiñaremos entre carballos e piñeiros, e atoparemos dous muíños e varias pasarelas de madeira que nos facilitarán o percorrido ata o miradoiro que nos permitirá ver este salto de auga duns 7 m de altura. Se queremos ir ata o pé da férveda escollemos o sendeiro da dereita, descendendo ata atopar un desvío a man esquerda, onde unha pequena canle nos indicará por onde seguir. Ao chegar a un antigo muíño, un tronco nos facilitará o paso á outra beira para ascender río arriba ata chegar ao pé da ruxidoira. O acceso non está sinalizado. A freixa atopámola no río Curantes, afluente do Liñares, que á súa vez é un afluente do Ulla. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba