CAPELA DA XESTOSA

Relixioso
738

Localización

Parroquia: Prado (San Salvador)

Lugar: A Fraga

36873  Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 48.3" N - 8º 16' 16.7" W

Descrición

A Capela de Xestosa é a de maior altura de toda a provincia de Pontevedra, pois atópase moi preto do Faro de Avión, o lugar máis elevado da mesma, a 1151 metros de altitude. 
Conta cunha porta de metal alintelada na súa entrada, e o teito sostense grazas a tres arcos faixóns.
Na parte traseira do templo atópase un antigo sepulcro antropomórfico labrado na propia rocha, do cal se descoñece a súa antigüidade exacta.
A romería de Xestosa celébrase en San Salvador de Prado o segundo domingo de maio e o último domingo de agosto. Segundo a tradición, o día da romería, os romeiros que meten a súa man na auga dunha tumba precristián que se atopa no lugar, cúranse das súas doenzas. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!