Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DA NOVEIRA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DA NOVEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210826000468/fervenza-da-noveira?langId=gl_ES%26tp=40004330
Esta fervenza está no río Arcos, que desemboca no río Xallas logo de discorrer polo val que separa os macizos graníticos do monte Pindo e dos montes da Ruña. Antigamente este río vertía as súas augas no río Xallas para despois precipitarse directamente ao mar, pero isto cambiou coa construción do encoro de Santa Uxía.
Para chegar ata este salto de auga teremos que dirixirnos á depuradora da Noveira, no concello de Mazaricos, xunto á que atoparemos un panel informativo sobre a Ruta das Fervenzas deste concello que, ademais da Noveira, inclúe as fervenzas de Gosolfre, Fírvado, Vioxo-Chacín e santa Locaia.
Dende aí camiñaremos só uns metros ata chegar a esta singular fervenza, duns 10 metros de altura e caracterizada polos erosionados bloques de pedra e as pozas a varios niveis onde, nos días de calorosos, poderemos incluso darnos un baño.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.