FERVENZA DO POZO NEGRO OU CHAVIELOS

Fervenzas
371

Localización

Parroquia: Ons (Santa María)

Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 25.4" N - 8º 43' 36.3" W

Descrición

Este itinerario forma parte doutro máis longo que percorre as terras de Brión. Dende a área recreativa da Ponte Pías -onde atoparemos as instalacións para a práctica do piragüismo nas augas do río Tambre-, seguiremos as balizas marcadas en laranxa. Alí atoparemos un panel informativo coa ruta a seguir. O primeiro treito mergullaranos nunha carballeira de grande beleza que nos protexerá da calor nos días de sol, ata chegar a un cruce onde colleremos cara á dereita para achegarnos á aldea de Ons. Aquí atoparemos varias mostras etnográficas, como hórreos, lavadoiro e fonte. Atravesaremos o lugar para coller unha pista sinalizada que marca o camiño do pozo Negro. Unha baixada pronunciada envolta entre carballos levaranos ata a fervenza, nun entorno de grande beleza. Pasaremos unha pontella de madeira e seguiremos o sendeiro que vai bordeando as ribeiras do río Tambre ata chegar a os muíños e ata o cruce que vimos no camiño de ida. Desde aquí regresaremos ata Ponte Pías, onde remataremos esta ruta circular.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba