MANUELA VILLAR OTERO

Apartamentos - Apartamentos 1 Chave
196
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Corzón (San Cristovo)

Lugar: Zanfoga

15258  Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 41.1" N - 9º 00' 12.6" W

Descrición

Trátase dun pequeno complexo novo a estrear (2022) composto por 3 apartamentos turísticos con moitísimo encanto e rodeados de amplos xardíns e unha fantástica contorna. Están a escasos 5 min. do Camiño de Santiago que vai cara Fisterra.

Á beira dunha preciosa casa labrega galega totalmente restaurada, habilitáronse 3 apartamentos luxosamente decorados e amoblados que contan con 2 dormitorios, cociña, salón, cuarto de baño e un soportal cuberto enfronte a cada un. Os apartamentos son moi luminosos e están rodeados de servizos como ceador, grellada, zona de xogos e esparexementos, aparcamento privado pechado e lavandería que permitirán aos seus visitantes relaxarse nunha contorna sumamente tranquila ou visitar comodamente a Costa da Morte e as súas praias, pobos pesqueiros ou demais atractivos turísticos que son innumerables a escasa distancia.

Cada apartamento está equipado cunha cómoda cociña aberta e todos as súas utensilios, un salón con TV, internet gratuíto, cuarto de baño privado con ducha, un dormitorio de matrimonio e outro con camas xemelgas.

A entrada autónoma permite total liberdade aos seus ocupantes e o trato persoal dos propietarios, garantirá unha inmellorable experiencia aos visitantes.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Tipos de servizos

Admite cans
Aparcadoiro
Auga quente
Calefacción
Frigorífico
Garaxe
Lavadora
Salón
Televisión
Xardín
Arriba