FERVENZA DE CODESO

Fervenzas
299
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeso (Santaia)

Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 42.3" N - 8º 24' 13.5" W

Descrición

Para chegar á fervenza de Codeso colleremos a estrada AC-240 que vai de Boqueixón a Ponte Ulla . Unha vez no lugar de Ardesende seguiremos en dirección a Ponte Ledesma e Donas para chegar ata a capela de San Paio. Dende aí baixaremos ao río e seguiremos o seu curso para chegar ata este salto de auga, que salva un desnivel duns 20 metros de altura en dúas caídas. O acceso está sinalizado.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba