FERVENZA DE MINCE OU DE PREVEDIÑOS OU DO RÍO QUINTÁS

Fervenzas
244

Localización

Parroquia: Prevediños (Santiago)

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 17.3" N - 8º 22' 36.2" W

Descrición

No lugar de Mince, no concello de Touro, pasaremos o pazo de Mince e tomaremos a primeira pista á dereita. Dende aí baixaremos aproximadamente 500 m rodeando un emparrado ata chegar a uns prados, onde colleremos unha pista de terra ata o rego de Prevediños. Quintás ou Vilapedre, afluente do Ulla. Despois de cruzar o rego e seguir río arriba uns 200 m chegaremos á fervenza, que salva un desnivel duns 10 metros en dous saltos. O acceso non está sinalizado.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba