FERVENZAS DE ABELAÍDO

Fervenzas
171

Localización

Parroquia: Antas (Santiago)

Lugar: Abelaído

A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 07.1" N - 8º 24' 11.2" W

Descrición

Na parroquia de Antas, no lugar de Abelaído, deixamos o coche.  As fervenzas xa as podemos ver ao lonxe. Para chegar a elas hai que baixar por unha pista e despois seguir por un carreiro, pouco visible, moi pendente e esvaradío, que nos leva ao pé das fervenzas. O acceso non está sinalizado. Estos saltos de auga atópanse no río Verdugo, que baixa entre as serras do Cando e o Suído formando un estreito val. No lugar de Abelaído o río encáixase formando varios saltos. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba