PICHO DE CURANTES OU PICHO DA FERVENZA. FERVENZA DE VALIÑAS

Fervenzas
181
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rubín (Santa María)

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 40.3" N - 8º 23' 32.2" W

Descrición

Seguiremos a N-640 da Estrada a Silleda.  En Cimadevila (Callobre) seguiremos a estrada vella e nunha curva colleremos a terceira pista á dereita, que chega a un antigo serradoiro hidráulico. A partir de aquí hai que ir camiñando. Baixaremos polo carreiro á primeira fervenza, que cae uns 5 m de desnivel. Tamén se pode facer unha ruta circular seguindo o río, que remata na parte alta da fervenza grande, cunha caída de 10m, a fervenza de Valiñas. Para ir á parte baixa desta fervenza hai que seguir pola pista de terra  á dereita ata chegar á  ponte e continuar por un carreiro de traxecto complicado, pola marxe dereita. O acceso non ofrece especial dificultade (agás na parte baixa da fervenza de Valiñas) e, malia que a ruta non está indicada, é apta para facer con nenos. 
Entre Rubín e Cereixo o río Curantes baixa un gran desnivel con dous saltos grandes e outros  máis pequenos. No percorrido, que discorre por un bosque de ribeira, atopamos distintos tipos de muíños.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!