FERVENZA DE INSUELA

Fervenzas
287
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeseda (San Xurxo)

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 16.0" N - 8º 26' 51.3" W

Descrición

Na parroquia de Codeseda, no concello da Estrada, indo cara a Souto pasaremos o rego de Insuela, e nunha curva á dereita colleremos unha pista á esquerda que nos levará á parte alta do lugar que remata nuns prados. Baixando estes prados chegamos ao río; seguindo o seu son atopamos a fervenza. Hai outros saltos augas abaixo. O acceso non está sinalizado. O rego de Insuela é unha das cabeceiras do Fontefría, afluente do Umia.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba