FERVENZA DE PORTOCIÑOS

Fervenzas
181

Localización

Parroquia: Gorgullos (Santaia)

Tordoia - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 24.5" N - 8º 30' 58.0" W

Descrición

Na aldea de Portociños, no concello de Tordoia,  colleremos un cruce á esquerda que indica "vertedero" e que nos levará ata a ponte da Férveda, desde a que se ve xa a fervenza. Dende a ponte sae unha pista de terra á dereita, que tomaremos, ata chegar a unha chaira que hai na parte superior. Alí achegarémonos ao río, entre un bosque de salgueiros, bidueiros e carballos. Non hai senda sinalizada. Tamén recibe o nome de Salto do Lobo. Atópase no río Viladabade, da Férveda ou Bustelo, afluente do Lengüelle, á súa vez do Tambre. A fervenza salva un desnivel de 10 m en tres saltos.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba