POZO DA GRADA

Fervenzas
474

Localización

Parroquia: Meiraos (Santa María)

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 26.8" N - 7º 10' 24.8" W

Descrición

A fervenza da poza da Grada, con máis de 10 metros de altura, está no río Pequeno, afluente do Lor. Para chegar a ela colleremos a estrada LU-651 que vai de Seoane do Courel a Hospital da Condesa e, uns metros despois de Seoane, colleremos un desvío  que nos levará pola LU-P-5601 cara a Meiraos e Vilasibil.

Dende Vilasibil baixaremos a pé polo camiño que atravesa o souto e enlaza coa ruta a Paderne. Despois de pasar o segundo grupo de sequeiros, situados á esquerda do camiño, atopamos unha máis destas construcións a carón dun prado en pendente, e debaixo del está a fervenza.

O percorrido, duns 3 Km ida e volta, é bastante esixente.  A baixada final realizase por unha pronunciada pendente, bastante esvaradía en época de choivas.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba