POZO DO INFERNO

Fervenzas
635

Localización

Parroquia: Veiga (Santo Adrao)

Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 09.9" N - 7º 55' 10.1" W

Descrición

Se saímos dende o núcleo de Ortigueira colleremos a estrada AC-862 ata A Ponte de Mera para continuar despois pola DP-6121 cara ao lugar de Serantes, na parroquia de santo Adrao de Veiga.

Dende alí seguiremos as indicacións cara O Casón/Castelo e, 200 metros máis adiante, vemos xa unha frecha sinalizando cara ao Pozo do Inferno. Podemos ir ata o aparcadoiro Castelo Casón e deixar alí o noso vehículo para percorrer a pé parte da ruta de sendeirismo que nos levará tamén á fervenza do Casón. Esa é unha fervenza bastante estacional polo que, en épocas de poucas chuvias, está prácticamente seca. 

No caso da fervenza do pozo do Inferno leva auga todo o ano e conta cunha ponte de madeira que nos permite achegarnos e vela pasar incluso por baixo os nosos pés.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba