Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PINCHEIRA DE PORTOMAO&body=Recoméndoche que leas a información PINCHEIRA DE PORTOMAO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211005000073/pincheira-de-portomao?langId=gl_ES%26tp=40004330
Esta fervenza, que cae dende máis de 20 m sobre unha parede de lousas cuberta de fentos, está no regueiro de Fervenza, na parroquia de Santa Mariña do Monte. Para chegar a ela dende O Barco de Valdeorras debemos coller a N-536 en dirección a Viloria e despois seguir pola estrada OU-121 cara ao lugar de Fervenza.
Atravesamos a aldea, bordeamos a igrexa e continuamos por unha pista ata atopar un sinal que nos indica o camiño que nos levará, por un carreiro, mesmo ata a base deste salto de auga.
Dende o lugar de Fervenza ata a pincheira (nome que reciben as fervenzas nesta zona) teremos que camiñar 4 Km (ida e volta), pero o percorrido non presenta dificultades.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.