FERVENZA DE ENTRECRUCES OU DE SAN PAIO

Fervenzas
252

Localización

Parroquia: Entrecruces (San Xens)

Lugar: San Paio

Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 23.7" N - 8º 40' 31.8" W

Descrición

Para chegar a esta fervenza desde Carballo colleremos a estrada DP-1914 ata a aldea de San Paio, na parroquia de san Xens de Entrecruces. Deixaremos o noso vehículo a carón da capela de san Paio, que é o principio ou final do PR-G 142 Ruta das Férvedas. Dende aquí, o camiño ata o salto de auga está sinalizado.

A fervenza de san Paio ou entrecruces está no río Outón que, neste punto, se precipita dende 40 metros de altura debido ao desnivel do terreo provocado pola Depresión Meridiana.

Na contorna gozaremos de vexetación de ribeira e atoparemos vellos muíños de auga.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba