Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DA OLA DO CENZA E POZA MOURA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DA OLA DO CENZA E POZA MOURA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211007000103/fervenza-da-ola-do-cenza-e-poza-moura?langId=gl_ES
O río Cenza nace na serra da Queixa e, á altura de Castiñeira (concello de Vilariño de Conso), cae en forma de fervenza salvando un desnivel de máis de 100 m sobre rochas graníticas. Para chegar a ela dirixirémonos ao núcleo de Vilariño de Conso e, unha vez no centro, veremos dous sinais. O que indica cara a dereita dirixiranos a unha pasarela de madeira que nos conduce a un miradoiro situado na parte alta da fervenza, dende onde podemos ver tamén a chamada Ola do Cenza e os distintos saltos, pozas e rápidos que vai formando o río.
Se seguimos o camiño da esquerda chegaremos ata unha zona de pasarelas de madeira e miradoiros dende os que poder ver diferentes treitos do río, e os diferentes saltos. A primeira parada será no miradoiro de Poza Moura e, dende aí, continuaremos cara ao miradoiro de Penedo Redondo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.