Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DA OLA DO CENZA E POZA MOURA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DA OLA DO CENZA E POZA MOURA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211007000103/fervenza-da-ola-do-cenza-e-poza-moura?langId=gl_ES%26tp=40004330
O río Cenza nace na serra da Queixa e, á altura de Castiñeira (concello de Vilariño de Conso), cae en forma de fervenza salvando un desnivel de máis de 100 m sobre rochas graníticas. Para chegar a ela dirixirémonos ao núcleo de Vilariño de Conso e, unha vez no centro, veremos dous sinais. O que indica cara a dereita dirixiranos a unha pasarela de madeira que nos conduce a un miradoiro situado na parte alta da fervenza, dende onde podemos ver tamén a chamada Ola do Cenza e os distintos saltos, pozas e rápidos que vai formando o río.
Se seguimos o camiño da esquerda chegaremos ata unha zona de pasarelas de madeira e miradoiros dende os que poder ver diferentes treitos do río, e os diferentes saltos. A primeira parada será no miradoiro de Poza Moura e, dende aí, continuaremos cara ao miradoiro de Penedo Redondo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.