Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DAS CAMPAÍÑAS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DAS CAMPAÍÑAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211015000147/fervenza-das-campainas?langId=gl_ES
Para chegar a esta fervenza dirixirémonos ao castro de Castrolandín, situado a menos de 1 quilómetro da vila de Cuntis, poboado castrexo fortificado de finais da Idade de Ferro (s.IV a.C-I d.C.). Aí deixaremos o noso vehículo para continuar a pé.
No inicio da ruta atoparemos un cartel informativo coas indicacións para chegar aos diferentes puntos. A partir de aquí seguimos un sendeiro que baixa ata o río da Patela e cruzarémolo por unha pequena ponte de madeira xunto á que atopamos 3 frechas que nos indican as direccións a seguir e as distancias: a fervenza das Campaíñas (a 200 metros), a fervenza de Hérvedo (a 300 metros) e a fábrica da luz (a 250 metros).
O traxecto discorre por unha pista ancha e sen complicacións pero se queremos baixar ao pé do salto principal, duns 8 metros de altura, teremos que camiñar uns metros máis para coller un pequeno sendeiro que sae á man dereita. Baixaremos ata o río e retrocederemos uns metros para chegar á fervenza das Campaíñas.
IMPORTANTE; este último tramo é estreito e sombrío, polo que debemos extremar a precaución sobre todo en época de chuvias.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.