Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE SANTALLA &body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE SANTALLA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211020000203/fervenza-de-santalla-?langId=gl_ES%26tp=40004330
Polo Val de Lóuzara discorre unha ruta artístico-literaria adicada a Fiz Vergara Vilariño, poeta nado na parroquia de Santalla en 1953 e que morreu, con só 44 anos, a causa dunha enfermidade dexenerativa que sufría dende neno. A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a agrupación cultural Ergueitos de Sarria puxeron en marcha esta ruta que conta cun total de 7Km e que se divide en 13 etapas sinalizadas con obras doutros tantos artistas que se quixeron sumar a esta homenaxe.
Para chegar a esta fervenza partiremos do lugar de Santalla de Abaixo e camiñaremos pouco máis dun quilómetro ata o salto de auga. Trátase dun sendeiro que vai a carón do río Lóuzara, entre prados e bosque de ribeira, que remata ao chegar ao cadoiro, que cae entre castiñeiros desde unha altura aproximada de 25m.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.